Ábrense as inscricións ata o 26 de decembro para participar na XXXIV San Silvestre de Ribadeo., que foi presentada polo alcalde, Dani Vega, pola concelleira de Seguridade, Montse Seijo, polo concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, e polo técnico de Deportes, Iván Rodríguez.

O concelleiro de Deportes indicou que “haberá premios en metálico e trofeos para os 3 primeiros clasificados absolutos feminino e masculino e para os 3 primeiros ribadenses homes e mulleres.

Os tres primeiros clasificados nas outras categorías recibirán medallas e trofeos a gañadora e o gañador das mini San Silvestre e da Milla.

E tamén haberá trofeo para os participantes de maior idade que rematen a súa carreira, masculino e feminino”.

Silvent animou a participar nesta tradicional cita: “desde a Concellería de Deportes animamos a pequenos e adultos a participar nesta nova edición da San Silvestre e agradecemos a colaboración de Gadis e Eroski, que estarán apoiando ás corredoras e corredores”.

Os interesadospoden anotarse ata o 26 de decembro en www.championchipnorte.com”.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

error: Content is protected !!