XX Xornadas Mar por Medio en Ribadeo

Encontro de camiños e culturas

Do 19 ao 21 de setembro de 2025, Ribadeo volverá ser punto de encontro coas Xornadas Mar por Medio, que este ano chegan á súa vixésima edición baixo o lema “Ribadeo, encontro de Camiños”. Organizadas pola Academia Xacobea, coa colaboración do Concello de Ribadeo, a Xunta de Galicia e a USC, estas xornadas afondan na tradición xacobea da vila e no seu papel como porta de entrada do Camiño Norte, recoñecido como Patrimonio da Humanidade.

Información práctica

  • 📍 Lugar: Salón de Alcaldes, Concello de Ribadeo (agás concerto da Coral, no Convento das Clarisas, e roteiro cultural).
  • 📅 Datas: Venres 19, sábado 20 e domingo 21 de setembro de 2025.
  • 📝 Inscrición: do 8 ao 18 de setembro na web da Academia Xacobea

Programación día a día

Venres, 19 de setembro
  • 18:00 – Apertura oficial. Intervención do alcalde de Ribadeo e do presidente da Academia Xacobea.
  • 18:15 – Mesa inaugural: “Facendo Camiño / Haciendo Camino”. Participan representantes da Xunta de Galicia, Principado de Asturias, Senado de España, Deputación de Lugo, USC, Universidade de Oviedo e Concello de Ribadeo. Modera Lois Celeiro.
  • 18:00 – Concerto de Manoele de Felisa: “Cantos de Noso”.
  • 19:30 – Coloquio.
Sábado, 20 de setembro
  • 10:30 – Mesa redonda: “Galicia e Asturias unidas no Camiño”, con Pepa Sanz Fuentes (Univ. Oviedo) e Francisco Durán Villa (USC). Modera Pilar Falcón.
  • 11:30 – Coloquio.
  • 12:30 – Conferencia: “¿De que falamos cando falamos de Mar por Medio?”, por Manuel Valín Valdés, impulsor das xornadas. Modera Xesús Palmou.
  • 13:30 – Coloquio.
  • 12:30 – Conferencia: “O Camiño de Santiago como modelo de turismo rexenerativo”, por José Ignacio Varela Ramos (USC). Modera Ulises Bértolo.
  • 17:00 – Mesa redonda: “A peregrinación: encontro de culturas. Os xubileos de Santiago, Roma e Xerusalén”, con Francisco Froján (Roma), José Fernández Lago (Santiago) e Carlos Andrés González Paz (Xerusalén). Modera Milagros Otero Parga.
  • 20:00 – Concerto da Coral Polifónica de Ribadeo, na Igrexa de Santa Clara.
Domingo, 21 de setembro
  • 10:00 – Roteiro cultural: “Tras los pasos de la Orden Franciscana”.
  • 13:00 – Acto de clausura das xornadas.