
Do 4 ao 6 de outubro terá lugar en Ribadeo a XIX Edición das Xornadas Mar por Medio, que organiza a Academia Xacobea coa colaboración do Concello de Ribadeo, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e as Universidades de Santiago e de Oviedo.
O título elixido para este 2024 é o de Os Camiños de Santiago: itinerarios de espiritualidade, tradición e cultura. Ademais de conferencias e mesas redondas o programa inclúe a Exposición As frechas amarelas na Oficina de Turismo, a actuación da Coral Polifónica de Ribadeo na igrexa parroquial e o concerto de Manoele de Felisa, músico, compositor e cantante.
Entre os poñentes destaca a presenza en Ribadeo do Arcebispo de Santiago de Compostela, Francisco José Prieto Fernández. E ademáis, da participación das Universidades de Santiago e a de Oviedo,(que participa por primeira vez) e de xornalistas e estudosos dos Camiños de Santiago”.
Programa de actividades



O 23 de setembro, ábrese o prazo de inscrición para asistir ás Xornadas Mar por Medio.
As persoas interesadas poden facelo en www.academiaxacobea.gal