De Simba a Kiara

Este sábado 15 de marzo, o Auditorio Hernán Naval de Ribadeo converterase no escenario dunha experiencia única para toda a familia. A compañía ONBEAT tráenos un Tributo ao “Rey León”, un espectáculo que promete encher de maxia e emoción a grandes e pequenos, e non hai mellor forma de gozalo en familia!

Este marabilloso tributo ao clásico de Disney é organizado por ACE Prol Entertainment e o Concello de Ribadeo, quen fixo posible este evento pensado para que toda a familia páseo en grande.

A función comezará ás 18:00 horas, coas portas abertas desde as 17:30 horas, para que todos poidan chegar con calma e gozar do ambiente previo. As entradas xa están dispoñibles a un prezo de 16,32 euros, cos gastos de xestión incluídos. Podes compralas comodamente en liña a través da plataforma Entradium na seguinte ligazón: Entradas para o Tributo ao Rey León

Se xa tes ganas de ver un adianto, aquí deixámosche a ligazón ao vídeo promocional da compañía ONBEAT en Youtube: Tributo ao Rei Leon

Non faltes a esta cita familiar! Ven a gozar do “Rey León” en Ribadeo e vive unha tarde chea de emocións e boa música.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

error: Content is protected !!