
O dia 30 de Novembro, comeza o Nadal a Ribadeo co aceso das luces de Nadal, co Mercado de Nadal e máis actividades que das iremos falando a medida de que teñamos noticias (espero que non sexa como sempre a última hora e correndo).
Por agora imos ir explicando o que xa coñecemos e esta é a programación presentada polo Concello.
Achegamos audio de Dani Vega, noso alcalde.
A programació día a día
- Sábado 30 de Novembro: Acesa da iluminación do Nadal e inauguración do Mercado de Nadal. O Mercado estará ata o 8 de decembro, dia da clausura coa música dos Amigos da Gaita ás 19:30 horas.
- Domingo 1 de Decembro: Obradoiro de Adornos de Nadal dirixido ao público en xeral.
- Xoves 5 de Decembro: Ás 17:30 horas inauguración do Ribaxogo e a Pista de Xeo na Avenida Rosalía de Castro (preto do Gadis).
- Domingo 8 de decembro, clausura do Mercado de Nadal.
- Sábado 14 de decembro: Festival de Nadal da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo – EMMeD.
- Domingo 15 de decembro:
- Ás 17:00 horas, Actuación do Mag Lari no Auditorio Hernán Naval, Entradas á venda e máis info aquí.
- Ás 20:00 horas, Teatro Ollomao.
- Sábado 21 de decembro: Mágica-mente espectaculo pro Asociación Saúde Mental da Mariña ás 20:00 horas.
- Domingo 22 de decembro:
- Papanoelada polas rúas de Ribadeo ata Rinlo ás 17:30 horas.
- Concerto Panxolinas da Coral Polifónica de Ribadeo e o Coro Sagrado Corazón na Igrexa Parroquial ás 20:45 horas.
- Xoves 26 de decembro:
- Chan Interactivo no Campo San Francisco das 11:30 ás 14:00 e das 16:30 ás 20:00 horas.
- Cine de Nadal en Cinelandia, Película sin determinar e pase ás 17:30 horas (supoño que no Cine de Ribadeo).
- Venres 27 de decembro:
- Cine de Nadal en Cinelandia, Película sin determinar e pase ás 17:30 horas (supoño que no Cine de Ribadeo).
- Presentación do libro “Hilando Cicatrices” na Biblioteca Municipal.
- Sábado 28 de decembro:
- Concerto da Banda Municipal de Ribadeo, “Aquí como en Viena” no auditorio Municipal ás 20:30 horas.
- E coincidindo co Concerto, a Festa Pre-fin de ano, organizada pola Asociación os Catro Caños ás 21:00 horas.
- Domingo 29 de decembro: Obradoiro infantil no Parque San Francisco a partir dás 16:30 horas.
- Luns 30 de decembro: II Marcha interxeracional San Silvestre de Ribadeo ás 12:30 horas.
- Martes 31 de decembro: XXXIII Carrera San Silvestre.
- Xoves 2 de xaneiro: O Misterio das Cartas dos Reis Magos na Biblioteca Municipal ás 12:00 h.
- Venres 3 de xaneiro:
- Musical Tadeo Jones no Auditorio Hernán Naval ás 16:30 horas.
- O Gallineir0 do Vendaval Fest, grupo por confirmar a partir dás 22:00 horas.
- Sábado 4 de xaneiro: Concerto de Reis da Coral Polifónica de Ribadeo e Manuele de Felisa na Igrexa Parroquial.
- Domingo 5 de xaneiro: A tradicional Cabalgata de Reis, xa ampliaremos máis info sobre o percorrido. A partir das 18:00 horas.
- Sábado 11 de xaneiro: Festa do comercio nas Carpas de Rosalía.
Próximamente máis info e mellor detallada.