Cultura, historias e encontro no Campo de San Francisco

Ribadeo acollerá os días 23, 24 e 25 de maio unha nova edición da súa Feira do Libro, unha cita xa consolidada no calendario cultural local. O Campo de San Francisco converterase nun espazo aberto á lectura, ao diálogo literario e ás actividades para todas as idades.
Organizada polo Concello de Ribadeo en colaboración coa Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo, o Grupo de Teatro de Ribadeo e outras entidades, a feira contará con presentacións de libros, contacontos, obradoiros, recitais e actuacións musicais.

Programa completo de actividades
Martes 20 de maio
- 12:00 h – Auditorio Municipal
Concerto didáctico “Cantareiras” con Icía Varela, Xosé Manuel Varela e Lucas Rama, dentro da actividade O Concello cos coles.
Venres 23 de maio
- 12:00 h – Campo de San Francisco
Contacontos: “A cebra Camila”, con Marisa Núñez e Óscar Vilán (Kalandraka). Participan usuarias do CAPM A Concordia e alumnado do CEIP Gregorio Sanz. - 18:00 h – Sala de exposicións do Campo
Obradoiro de reciclaxe con libros: “Facendo a nosa Cantareira con Mini”
Para nenas e nenos a partir de 6 anos. 25 prazas dispoñibles.
Inscrición no WhatsApp da Biblioteca Municipal: 📱 604 084 201 - 18:00 h – Campo de San Francisco
Presentación do libro “Novas historias (ribadenses) con pentagramas”
Con Carlos Álvarez Lebredo e presentación a cargo do historiador Chemi Lombardero. - 20:00 h – Campo de San Francisco
Actuación das cantareiras Xeitosiñas, da Asociación Amigos da Gaita.
Pregón literario a cargo de Olga Novo, Premio Nacional de Poesía 2020.
Sábado 24 de maio
- 12:00 h – Campo de San Francisco
Presentación: “En man común”
Unha análise sociohistórica dos cambios no rural galego a cargo de Alba Díaz-Geada, publicación da Deputación de Lugo. - 13:00 h – Campo de San Francisco
Conferencia: “A vila de Ribadeo: unha praza forte na costa de Galicia desde a Idade Media”
Con José Manuel López Hermida e Javier García Gómez, da Asociación Cultural de Estudos Históricos de Galicia.
Domingo 25 de maio
- 12:00 h – Campo de San Francisco
Recital “Somos pandeireteiras”, con Mercedes Peón, Ana Romaní, Selina Otero, Andrea Nunes e Susana Sánchez Arins (Ed. Xerais). - 13:00 h – Campo de San Francisco
Presentación do libro “Aurora Sampedro. Unha muller adiantada ao seu tempo”, de Manuel Rivero Pérez (Ed. Editorial Trécola).
Entrega dos Premios Biteres de Honra 2024. - 17:30 h – Campo de San Francisco
Entrega de premios do Certame de Narración, Poesía e Debuxo Letras Galegas. - 18:00 h – Campo de San Francisco
Contacontos “O lobo feliz”, con Miguel Guido. - 19:00 h – Campo de San Francisco
Conferencia “A terra do Eo-Navia. A galeguidade en Asturias”, con Manuel Miragaia Doldán (Medulia Editorial). - 20:00 h – Campo de San Francisco
Claustro da EMMEd: “O son dun amor que ficou”
Conversa arredor da música de Almudena Pulpeiro, con participación de Luis Pulpeiro, Saamira Ganay e Cris Andina.
Librarías e exposicións
Durante os tres días, o Campo contará coa presenza de librarías e editoriais como:
- Gráficas Santiago (Ribadeo)
- Pícaros Mundi (Ribadeo)
- Valín Libros (Lugo)
- Libraría Pedreira (Santiago)
- Editorial Canela (A Coruña)
Tamén se poderá visitar na Sala do Campo unha mostra bibliográfica vinculada ao fondo da Biblioteca Municipal El Viejo Pancho e unha exposición de produción escrita vinculada ao galego de Asturias.
Unha fin de semana para mergullarse nos libros, coñecer autoras e autores, e gozar da lectura ao aire libre. A cultura e a palabra teñen cita en Ribadeo!
Debe estar conectado para enviar un comentario.