
A IX Edición do Ribadeo Indiano, este ano será dedicada á alma de dous mundos. Con esta temática tentárase plasmar a realidade que se vivía aos dúas marxes do Atlántico, e dar a coñecer e á vez valorar o legado que a emigración deixou na nosa sociedade: un importante patrimonio arquitectónico, tanto en arquitectura doméstica como pública (escolas, casinos, cinemas, cemiterios, fontes, igrexas etc), e unha influencia nas sociedades da época, na industrialización, o comercio, a moda, os costumes, a gastronomía.
Antevésperas
Sábado 15 e 29 de xuño e Sábado 6 xullo: ás 12:00 h. diante da estatua do Viejo Pancho. Visita Guiada A Galicia americana con Suso Martínez Previa reserva.
Sábado 22 de xuño:
- Obradoiro de Repostería para familias a cargo de Ediana Zambrano Quintero, no Hotel Gastronómico Araucaria ás 12:00 h.
- Inauguración de Exposición Fotográfica, ás 20:15 h.
- Presentación da Novela El Cerezo del Cementerio a cargo do seu autor Tito Casado. Na Biblioteca Municipal Viejo Pancho, as 20:30 h.
Martes 25 de xuño:
- Actividade para a Hosteleria, A repostería na casa Indiana: contexto histórico e cultural a cargo das propietarias Pan de Limón. No Salón de actos da Casa do Marás 17:00 h.
Vésperas
Mércores 3 Xullo:
- Monicreques nas Catro Rúas ás 12:30 e ás 20:30 h. Unha crioulisima historia.
Xoves 4 Xullo:
- Teatro para as familias coa obra, Castelao de Cultura Activa Producións. No Auditorio ás 20:30 horas.
Venres 5 xullo:
- Visita Teatralizada, O Ribadeo Indiano”a cargo de Os Quinquilláns, ás 20:30 h.
Sábado 6 de xullo:
- Merenda Campestre para degustar o famoso chocolate Moreno, chegado directamente de ultramar. Na granxa-escola Pedro Murias, ás 18:00 h. E ás 20:30 h. concerto de Roi Casal.
Domingo 7 de xullo:
ACTIVIDADE CANCELADA: Representación Teatral da obra Boa sorte, mala fama de Tarabela Creativa. Ás 20:30 h. no Auditorio.
Venres 12 de xullo:
- Presentación da IX Edición do Ribadeo Indiano ás 19:00 h. Intervirán, D. Daniel Vega Perez (Alcalde de Ribadeo), D. Eduardo Gutiérrez Fernández (Cronista oficial de Ribadeo), Carmen Cruzado Iglesias (Presidenta de ACISA). O pregón será a cargo de Pilar Cagiao (Profesora Titular de Historia de América da USC). E a continuación, actuación musical do Coro Sagrado Corazón.
- Baixada ao Peirao de Porcillán na compaña do Cuarteto Tradicional Illa Pancha, ás 20:00 h.
- Chegada dos Indianos a cargo do Grupo de Teatro de Ribadeo, ás 20:15 h. no Peirao de Porcillán.
- E actuación musical de Doña Manteca, ás 20:30h. no Peirao de Porcillán.
- Actuación de Gallaecia Small Band, ás 23:30 h. no Quiosco da música do Campo de San Francisco.
- Actuación de Ludmila Mercerón, ás 00:30 h. no Quiosco da música do Campo de San Francisco.
Sábado 13 de xullo:
- Apertura do Mercado de Produtos de Ultramar, ás 11:00h. Barrio de San Roque.
- Torneo de Petanca, El Viejo Pancho e obradorio polo Club de Petanca de Ribadeo, ás 11:00 h. Campo de San Francisco.
- Conferencia, Para que servían as cartas da vida cotiá das familias con emigrantes: funcións e temas tratados” a cargo de Raúl Sotelo Vázquez, ás 11:30 h. Teatro.
- Visita Teatralizada a cargo Jesusa da Mariana, veciña da vila e viúva de vivos e mortos. Con Susana Álvarez, actríz, Ás 12:00 h. Previa reserva.
- Obradoiro de Baile de “Son Cubano” a cargo de ROSALÍA GT. Na Praza do Cantón ás 12:00 h.
- Chegada dos Haigas co acompañamento musical Dos Mariachis, ás 12:30h.
- Recanto Infantil, Brinquedos tradicionais e obradoiro de xoguetes con materiais naturais. Ás 12:30 h. na Praciña de San Roque.
- Actuación da Banda Municial de Música de Ribadeo, ás 12:30 h. no Barrio de San Roque.
- Músicas de Ultramar co grupo Los Guijarros, ás 12:30 h. nas Catro Rúas.
- Actuación musical de Contrabandeando, ás 14:00 h. no Barrio de San Roque.
- Exhibición do Dominó, ás 16:30 h. no Campo de San Francisco.
- Xincana organizada por CONSENTIDIÑO. co incrición Previa.
- Paseo Cultural polo legado indiano comentado por D. Xosé María Alonso de Trelles, “Viejo Pancho”. Con Suso Martínez, ás 17:00 h. co Reserva previa.
- IX Gran Aberto de Quimbumbia (Billarda) do Ribadeo Indiano, ás 17:30 h. no Parque de Indianos.
- Visita Teatralizada a cargo Jesusa da Mariana, veciña da vila e viúva de vivos e mortos. Con Susana Álvarez, actríz, Ás 18:00 h. Previa reserva.
- Músicas de Ultramar, a cargo de Los Guajiros, ás 18:00 h. na Praza de Abastos.
- Obradoiro de Baile de Rueda Bachata e Exhibición de Rueda Casino a cargo de Escuela de Baile de Salón Ángel y Begoña, ás 18:00 h. na Praza do Cantón.
- Conferencia Vida cotiá e xantares de ida e volta, a cargo de Xavier Castro Pérez, ás 19:00 h.
- XXVII Festival de Habaneras e Música Hispanoamericana Ría de Ribadeo, ás 20:30h. Barrio de San Roque. Coa participación da Coral Valparaíso (Valladolid), Coral Brigantino (Bragança) e a Coral Polifónica de Ribadeo.
- Recreación dunha Verbena Tradicional cos grupos de música de Ninghures Septeto Nabori, ás 23:30 h. no Quiosco da música do Campo de San Francisco.
Domingo 14 de xullo:
- Tradicional Mercado da Horta, ás 10:00 h. na Praza de abastos.
- Conferencia a cargo de Arantza Fernández Crespo e Nancy Pérez Rey, ás 11:30 h.
- Paseo Cultural polo legado indiano comentado por D. Xosé María Alonso de Trelles, “Viejo Pancho”. Con Suso Martínez, ás 17:00 h. co Reserva previa.
- Obradoiro de Baile de Salsa Cubana a cargo Michel Valdés, ás 12:00 h. na Praza do Cantón.
- Visita Teatralizada a cargo Jesusa da Mariana, veciña da vila e viúva de vivos e mortos. Con Susana Álvarez, actríz, Ás 12:00 h. Previa reserva.
- Alborada a cargo de Amigos da Gaita, ás 12:30 h. na Praza de Abastos.
- Exhibición de vehículos clásicos, ás 12:30 h. no Barrio de San Roque.
- Sesión Vermú, A Trova, ás 13:00 h. no Círculo Habanero da Devesa.
- Xantar Campestre, ás 14:00 h. no Círculo Habanero da Devesa. Compra previa de tickets.
- Actuación Musical Habana 537, ás 17:00 h. no Círculo Habanero da Devesa.
- Paseo Cultural polo legado Indiano de Vilaframil. Rinlo e A Devesa comentado polo carismático D. Xosé María Alonso de Trelles, Viejo Pancho. (Suso Martínez) Saída dende o Círculo Habanero da Devesa. Previa reserva.
- Visita Teatralizada a cargo Jesusa da Mariana, veciña da vila e viúva de vivos e mortos. Con Susana Álvarez, actríz, Ás 17:30 h. Previa reserva.
- Obradoiro de Baile de salsa cubana a cargo Michel Valdés, ás 18.00 h. na Praza do Cantón.
- CAMBIO DE HORARIO: Actuación Musical a cargo de Vicente García, ás 19:00 h. no Barrio de San Roque.
- Sorteo Presencial da Viaxe a Cuba, ao remate do concerto.
Lembrade:
- A reserva para participar nas visitas guiadas abrirase o 1 de xullo.
- Os tickets para a comida de A Devesa estarán dispoñibles a partir do 1 xullo na oficina de turismo.