
Este sábado, 28 de setembro, terán lugar os actos centrais de celebración do IV Centenario da construción do primeiro Forte de San Damián.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, contou que “neste 2024 cúmprense 400 anos da construción do primeiro Forte de San Damián.
A edil ribadense subliñou que “este sábado damos un paso máis e inauguramos unha Exposición Permanente, que é o primeiro paso para o que será o centro de interpretación do Forte de San Damián.
(Esta instalación estará aberta todo o día para que poida visitarse libremente ou con guía)
A inauguración oficial será ás 20:30 h. e a continuación, desfrutaremos dun concerto da Banda Municipal de Música de Ribadeo, que nos levará a percorrer diferentes capítulos da historia do Forte.
Axudarannos nesta viaxe o Grupo de Teatro de Ribadeo e tamén unha proxección de imaxes. Será no exterior do Forte por iso precisamos de que non haxa luz e por iso a hora acordada son as nove da noite.

Sanjurjo engadiu: “Anímovos a todos e todas a coñecer o Forte e gozar deste concerto con moita historia”.
Debe estar conectado para enviar un comentario.