A parroquia de Cubelas celebra a Festa na Honra á Virxe das Dores coa tradicional “Comida”, nesta ocasión o menú está composto de Fabada, Tenreira asada, postre, café e bebidas ao prezo de 25€ adultos e nenos 13€ de 3 a 10 anos.

A xornada comezará coa Misa Solemne e Procesión ás 12:30 horas. Seguidamente o Dúo Matices amenizará a sesión vermú ata chegar á hora para comer todos xuntos.

A festa continúa pola tarde a partir das 19:00 horas coa a Música do Duo Matices e o Grupo Lecer.

Para os máis pequenos, haberá hinchables. Sorteos e sorpresas.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

error: Content is protected !!