Celebrárase o próxim0 19 de outubro a partir das 17:00 horas e o punto de saída será a Casa do Concello.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “se trata de pasar unha tarde gozando da natureza e do deporte. Coa axuda dun mapa os participantes terán que percorrer unha serie puntos que aparecen nunha orde determinada. Cada quen escolle a ruta entre un punto e outro, tendo sempre en conta a información que atopará no devandito mapa”.

O edil ribadense contou que “se trata

.

dunha proba por equipos que combina a orientación con mapa e diferentes probas denominadas especiais. O tempo máximo para facer o percorrido será de dúas horas e media”.

Silvent dixo que “a inscrición é gratuíta e pode realizar a través de www.xestanatureza.com Haberá catro categorías denominadas: Xestiñas, Xestas, Xesteiras e Chorima. Esta I Xincana de Orientación Vila de Ribadeo está aberta ao público xeral, desde familias con nenos ata persoas algo máis experimentadas. Tamén existe a posibilidade de facer percorridos adaptados para persoas con mobilidade reducida”.

E engadiu que “desde o Concello de Ribadeo animamos á xente a participar nesta cita o 19 de outubro. Haberá avituallamento sólido e líquido ao rematar a proba, que dará comezo na Casa do Concello ás 17:00 horas. Será unha forma divertida de pasar unha tarde en contacto coa natureza e facendo deporte”.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

error: Content is protected !!