“A Guerra é a expresión cruel do fracaso total, por iso nunca é unha solución, senón o máis grande dos erros.”
A Compañia de Teatro do Noroeste, preséntanos a súa obra teatral “GUERRA”. O Próximo domingo 2 de Febreiro ás 20:00 horas, no Auditorio Hernán Naval de Ribadeo.
Argumento: Nun edificio teatral totalmente destruído por un bombardeo nunha guerra desatada no mesmo corazón de Europa, comezan a aparecer as personaxes do Teatro Universal que nel foran representadas ao longo do tempo e encarnadas en dous actores e catro actrices. As innumerables referencias ás guerras no Teatro Europeo, desde Shakespeare até Lorca enchen a escena de evocadoras secuencias de caos e destrución.
Autor: Eduardo Alonso
Reparto: Miguel Pernas, Luma Gómez, Manuela Varela, Maxo Barjas, Sabela Hermida, Xavier Estévez.
Escenografía e Vestiario: Carlos Alonso
Música: Bernardo Martínez
Produción: Eva Alonso
Iluminación e Dirección: Eduardo Alonso