A década dos sesenta, unha época de efervescencia sociopolítica na que a reivindicación do papel das mulleres na ámbito da música vai ter a súa cerna da man dun grupo de gaiteiras, Saudade, que, lideradas por Carlos e Amando Suárez Couto e no marco da Asociación Amigos da Gaita Galega, deron vida ao primeiro grupo do seu xénero xurdido en Galicia, España e posiblemente Europa, formado integramente por mulleres.

O Grupo Saudade comezou a súa andaina no ano 1961 na vila de Ribadeo (Lugo) en vésperas da Xira de Santa Cruz e foron Maribeni Loredo, Oliva Bellón, Julia Bellón, María Dolores Forés, Elena Fernández, Conchita Redondo, María Teresa Amor e Teresa Rodríguez as primeiras compoñentes do grupo. O tipo de gaita empregada non era outra que a usada frecuentemente na provincia de Lugo, composta por punteiro, roncón e ronquillo, afinada en si bemol.
En 2010, presentouse o documental Saudade, retrato en si bemol de María Acuña, da que son protagonistas. Hoxe, luns de 5 Agosto ás 20:30 horas no Campo San Francisco, terá a presentación do Foto-Libro Documental ECOS DE SAUDADE, Retrato en SI Bemol de María Acuña.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

error: Content is protected !!