Este sábado, Manel Loureiro presentará a súa última novela titulada Cuando la Tormenta Pase ganadora del Premio Fernando Lara 2024.

No acto, compañaráo o Sr. José Manuel Romero Moreno, Conde de Fontao.

Sinopse da obra: Atrapado en Ons, unha pequena illa da costa atlántica galega, Roberto Lobeira non ten posibilidade algunha de chegar a terra firme nin de comunicarse co exterior debido a unha tormenta que parece ser o preludio dunha traxedia.

Cando descobre un fardo que as ondas levaron ata a beira, o seu contido provoca que os poucos habitantes que viven na illa dean renda solta a décadas de rancor, celos, vellas contas que saldar e sede de vinganza. E, aínda por riba, unha presenza misteriosa e acechante deixa unha ofrenda sanguenta na porta da súa casa, coma se tratásese dunha enigmática mensaxe que non pode comprender. Inmerso nun bulebule de odio, segredos inconfesables e ambición desmedida, Lobeira terá que sobrevivir na illa… ata que a tormenta pase.

Sábado 28 de Setembro ás 19:00 horas, no Salón dos Alcaldes do Pazo de Ibáñez

Manel Loureiro, nado en Pontevedra (1975) é escritor, avogado e presentador, e ademais traballou como guionista en numerosos proxectos. Na actualidade colabora como articulista en diversos medios de prensa escrita de ámbito nacional, así como en diferentes radios e canles de televisión.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

error: Content is protected !!