O Coro Voces Graves de Gijón visitaranos o próximo sábado 26 de outubro no Cine Teatro de Ribadeo ás 20:30 horas como acompañamento dás VII Xornadas Gastronómicas de Asturias en Ribadeo que terá lugar esta fin de semana en diferentes establecementos da vila.
O Coro de Voces Graves de Xixón nace en agosto de 2013 tras a fusión dos ochotes Mateo Bullón e Villa de Xixón. Dita fusión pretendeu axuntar as nosas ilusións e as nosas forzas para acometer máis proxectos en conxunto e seguir facendo a nosa paixón, cantar. O grupo actualmente está composto por 16 voces masculinas baixo a dirección de Salvador Cuervo.
No repertorio do grupo pódese atopar obras do estilo do folclore asturiano e outras provenientes de diversos lugares da península como poden ser obras castelás ou vascas.
Tamén conta con repertorio relixioso. Misa con toques asturianos composto polo que fose director Mateo Bullón e #misar Nº 5 de Charles Gounod.