Teatro

Catro

O vindeiro domingo 6 de abril ás 17:30 horas, o Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo acollerá unha proposta única para os máis pequenos.

Trátase de “Catro”, un espectáculo da compañía Caramuxo Teatro, especialmente deseñado para bebés de 6 meses a 3 anos.

Cunha coidada posta en escena e unha duración adaptada de 30 minutos, “Catro” convida aos máis pequenos e ás súas familias para descubrir un mundo de formas, cores e movementos que estimulan a imaxinación e os sentidos.

As entradas teñen un prezo de 3 euros, unha gran oportunidade para introducir aos bebés no mundo do teatro dunha forma lúdica e envolvente.

Este evento conta co apoio do Concello de Ribadeo e AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais).

Non o perdas! Unha experiencia sensorial perfecta para compartir cos máis pequenos da casa.

error: Content is protected !!