Organizada pola Fundación Gonzalo Torrente Ballester, a Real Academia Galega de Belas Artes e Turismo de Galicia – Xunta de Galicia, a exposición Castelao grafista (facsímile) é o proxecto máis ambicioso para dar a coñecer e difundir a obra e o pensamento de Castelao nos cinco continentes.

A mostra reúne unha selección dos 19 facsímiles da Colección de Arte Afundación e 89 debuxos do álbum Cousas dá vida de Castelao, dos que 49 pertencen á Colección de Arte ABANCA. Así mesmo, poderase gozar de 3 retratos fotográficos, 4 caricaturas e 17 debuxos e portadas de revistas. Ademais, poderase ler o texto orixinal do álbum Nós e contemplar 2 manuscritos de Castelao, 18 portadas das primeiras edicións dos seus libros, 3 páxinas interiores, 14 portadas de libros ilustradas por Castelao e 3 debuxos.

Esta exposición enmárcase en CULTURA POR ALIMENTOS, unha iniciativa de Afundación a favor de FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos). Accede e colabora doando algún alimento non perecedoiro que irá destinado ao banco de alimentos local.

Pódese vistar do 27 de novembro ao 28 de Decembro na Oficina de Turismo de Ribadeo en horario de Martes a sábados de 10.00 a 14.00 e 16.00 a 19.00 h.

Caricaturista, debuxante, ilustrador, columnista, escritor, pintor, escenógrafo, ensaísta, historiador, etnógrafo, teórico, político, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo, A Coruña, 1886 – Buenos Aires, 1950) constitúe o foco desta exposición que reúne unha ampla selección das súas múltiples facetas. Con este proxecto de difusión internacional, divulgamos a obra e o pensamento dun dos creadores galegos máis singulares, en países dos cinco continentes ao longo dos últimos anos. Agora, dentro do programa CORRENTE CULTURAL, levámolo a cada punto da nosa xeografía para que toda a poboación sexa coñecedora e goce das súas creacións e das súas inmensas achegas á nosa historia máis recente. Presentamos CASTELAO GRAFISTA (FACSÍMILE).

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

error: Content is protected !!