
O campus de baloncesto feminino Ribadeo Basket PRO 2024 desenvolverase do 14 ao 20 de xullo. Destinado a rapaza nadas no ano 2010 ou nos anteriores. O director técnico é Lucas Fernández, ex seleccionador nacional U14. E os adestradores e adestradores están vinculados a clubs como o Durán Maquinaria Ensino ou o Gernika, por poñer uns exemplos.
Como convidados pasarán por Ribadeo Lino López, ex seleccionador nacional U18, ou Raquel Romo, adestradora axudante do Perfumerías Avenida. Pero desde a organización aseguran que haberá mais sorpresas durante a celebración deste campus Ribadeo Basket PRO 2024”.
O edil ribadense engadiu que “as asistentes participarán en adestramentos específicos, gozarán de traballo individualizado e de preparación física e recibirán formación sobre nutrición deportiva, entre outra cousas”.
Silvent subliñou: “estamos moi contentos de poder colaborar desde o Concello coa celebración dun evento deportivo deste calibre pola promoción que suporá para Ribadeo e polos valores que lles transmitirá ás rapazas asistentes”.