Ribadeo camiña contra o cancro este 17 de maio

O próximo 17 de maio ás 11:00 horas, Ribadeo acollerá a I Andaina “Ribadeo en Marcha contra ou Cancro”, unha camiñada solidaria con saída desde o Parque de San Francisco.

A iniciativa, organizada pola Asociación Española contra o Cancro (AECC) co apoio do Concello de Ribadeo, Eroski Center e o patrocinio de Solán de Cabras e Acisa,

ten como obxectivo recadar fondos para mellorar a vida das persoas con cancro e das súas familias.

A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, anima a toda a cidadanía a participar: “Estamos #ante un acto solidario por unha gran causa”. Tamén quixo destacar o traballo da AECC no municipio e a importancia de promover hábitos saudables.

As inscricións xa están abertas en liña. Tamén se poderán facer de forma presencial do 12 ao 16 de maio, de 12:00 a 14:00 horas, no local da AECC (rúa Vello Pancho, 4).

Achegamos audio da Concelleira de Benestar Social