Espectáculo, estilo e ritmo

O próximo domingo 18 de maio, o Pabillón Escolar Gregorio Sanz de Ribadeo convértese no epicentro do estilo, a creatividade e o espectáculo coa celebración da A Mariña Barber Battle, a batalla de barbearía máis grande do norte de España.

O evento, organizado por Cristhian Barbershop coa colaboración do Concello de Ribadeo e a Xunta de Galicia, ofrece unha intensa xornada que combina competición profesional, desfiles de moda, música en directo e animación continua. A entrada será gratuíta e o ambiente promete ser único.

Programa completo do evento
  • 11:00 a 16:00 h
    🔊 Sesión vermú con música en directo do Grupo Pantera Rosa e DJ Tori
  • 16:00 a 17:00 h
    💇‍♂️ Desfile de modelos a cargo de Ismael de Mora, Fran Aranda e o anfitrión Cristhian Barber
  • 16:30 a 21:15 h
    ✂️ Gran batalla de barberos: profesionais do norte de España amosan as súas habilidades nunha competición intensa de cortes, deseños e estilo
  • 21:15 h
    🏆 Entrega de premios ás mellores intervencións da xornada

O evento está pensado tanto para profesionais da imaxe persoal como para amantes do espectáculo e da cultura urbana. Non faltará a música, o ambiente familiar e moitas sorpresas.

📍 Lugar: Pabellón Escolar Gregorio Sanz (Avda. Luarca, s/n)
🎟️ Entrada: Gratuíta
📲 Máis info: @cristhianbarbershop