Cultura

Letras no Campo

Cultura, historias e encontro no Campo de San Francisco

Ribadeo acollerá os días 23, 24 e 25 de maio unha nova edición da súa Feira do Libro, unha cita xa consolidada no calendario cultural local. O Campo de San Francisco converterase nun espazo aberto á lectura, ao diálogo literario e ás actividades para todas as idades.

Organizada polo Concello de Ribadeo en colaboración coa Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo, o Grupo de Teatro de Ribadeo e outras entidades, a feira contará con presentacións de libros, contacontos, obradoiros, recitais e actuacións musicais.

Programa completo de actividades

Martes 20 de maio
  • 12:00 h – Auditorio Municipal
    Concerto didáctico “Cantareiras” con Icía Varela, Xosé Manuel Varela e Lucas Rama, dentro da actividade O Concello cos coles.

Venres 23 de maio
  • 12:00 h – Campo de San Francisco
    Contacontos: “A cebra Camila”, con Marisa Núñez e Óscar Vilán (Kalandraka). Participan usuarias do CAPM A Concordia e alumnado do CEIP Gregorio Sanz.
  • 18:00 h – Sala de exposicións do Campo
    Obradoiro de reciclaxe con libros: “Facendo a nosa Cantareira con Mini”
    Para nenas e nenos a partir de 6 anos. 25 prazas dispoñibles.
    Inscrición no WhatsApp da Biblioteca Municipal: 📱 604 084 201
  • 18:00 h – Campo de San Francisco
    Presentación do libro “Novas historias (ribadenses) con pentagramas”
    Con Carlos Álvarez Lebredo e presentación a cargo do historiador Chemi Lombardero.
  • 20:00 h – Campo de San Francisco
    Actuación das cantareiras Xeitosiñas, da Asociación Amigos da Gaita.
    Pregón literario a cargo de Olga Novo, Premio Nacional de Poesía 2020.

Sábado 24 de maio
  • 12:00 h – Campo de San Francisco
    Presentación: “En man común”
    Unha análise sociohistórica dos cambios no rural galego a cargo de Alba Díaz-Geada, publicación da Deputación de Lugo.
  • 13:00 h – Campo de San Francisco
    Conferencia: “A vila de Ribadeo: unha praza forte na costa de Galicia desde a Idade Media”
    Con José Manuel López Hermida e Javier García Gómez, da Asociación Cultural de Estudos Históricos de Galicia.

Domingo 25 de maio
  • 12:00 h – Campo de San Francisco
    Recital “Somos pandeireteiras”, con Mercedes Peón, Ana Romaní, Selina Otero, Andrea Nunes e Susana Sánchez Arins (Ed. Xerais).
  • 13:00 h – Campo de San Francisco
    Presentación do libro “Aurora Sampedro. Unha muller adiantada ao seu tempo”, de Manuel Rivero Pérez (Ed. Editorial Trécola).
    Entrega dos Premios Biteres de Honra 2024.
  • 17:30 h – Campo de San Francisco
    Entrega de premios do Certame de Narración, Poesía e Debuxo Letras Galegas.
  • 18:00 h – Campo de San Francisco
    Contacontos “O lobo feliz”, con Miguel Guido.
  • 19:00 h – Campo de San Francisco
    Conferencia “A terra do Eo-Navia. A galeguidade en Asturias”, con Manuel Miragaia Doldán (Medulia Editorial).
  • 20:00 h – Campo de San Francisco
    Claustro da EMMEd: “O son dun amor que ficou”
    Conversa arredor da música de Almudena Pulpeiro, con participación de Luis Pulpeiro, Saamira Ganay e Cris Andina.
Librarías e exposicións

Durante os tres días, o Campo contará coa presenza de librarías e editoriais como:

  • Gráficas Santiago (Ribadeo)
  • Pícaros Mundi (Ribadeo)
  • Valín Libros (Lugo)
  • Libraría Pedreira (Santiago)
  • Editorial Canela (A Coruña)

Tamén se poderá visitar na Sala do Campo unha mostra bibliográfica vinculada ao fondo da Biblioteca Municipal El Viejo Pancho e unha exposición de produción escrita vinculada ao galego de Asturias.


error: Content is protected !!