Un espectáculo solidario a un paso de Ribadeo

Aínda que a nosa axenda céntrase en Ribadeo, ás veces xorden propostas tan especiais e tan preto que ben merecen cruzar a ponte. Este é o caso do espectáculo Ugandan Sticks, que terá lugar o mércores 10 de abril ás 19:30 h no Auditorio Félix Menéndez da Casa de Cultura de Vegadeo.
Trátase dunha vibrante actuación de percusión africana a cargo dos Ugandan Sticks, cos seus grandes tambores de Ruanda e unha posta en escena chea de forza, danza e enerxía. Un espectáculo que non só é unha experiencia cultural única, senón tamén unha acción solidaria: os beneficios destínanse ao proxecto Música para Salvar Vidas, que apoia a nenos e mozos en Uganda a través da arte.
As entradas están dispoñibles por 10 €, á venda en www.giglon.com e en despacho de billetes desde unha hora antes do inicio.
Desde Ribadeo, temos a sorte de ter propostas como esta tan preto. Ás veces, só hai que mirar un pouco máis aló para gozar de novas culturas, colaborar con boas causas e vivir unha tarde distinta.
📅 10 de abril – 19:30 h
📍 Auditorio Félix Menéndez, Vegadeo
🔗 Más información: www.musicaparasalvarvidas.org
Debe estar conectado para enviar un comentario.