
Teatro con causa en Ribadeo, non o perdas!
Se che gusta o teatro e ademais queres botar unha man a uns estudantes con ganas de comerse o mundo, apunta esta cita na túa axenda: 7 de marzo, 20:30 h, Cine Teatro de Ribadeo.
Os alumnos do último curso do Colexio Sagrado Corazón de Ribadeo sóbense ao escenario con “A Moderna”, unha obra que promete sorprender e facer reflexionar.
Ademais de pasar un bo intre, estarás a colaborar con eles para que poidan facer realidade a súa viaxe de fin de curso. E todo por só 5 euros! As entradas xa están á venda en Pica Pica e Multitiendas Teresa, así que non esperes ao último momento.
Apoia o talento local, goza do teatro e úneche a esta iniciativa. Vémonos no teatro!
Venres 7 de Marzo ás 20:30 horas no Cine Teatro de Ribadeo