Ribadeo presentou a súa comisión do Entroido, que preside María José Arca.
A concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz, dixo: “feliz estou de anunciar que xa temos comisión de Carnaval en Ribadeo. Está formada por persoas, de sobra coñecidas no noso pobo, amantes do Carnaval e moi participativas na vida asociativa de Ribadeo”.

A edil ribadense tivo palabras de agradecemento para este grupo de persoas que integran a comisión do Entroido: “desde o Concello agradecemos moitísimo a súa implicación, aínda que xa eran colaborares de toda a vida, animáronse a dar este paso tan importante para o Entroido ribadense”.
Saiz contou que “xuntos estivemos traballando na programación deste Entroido e xuntos seguiremos traballando para os vindeiros Entroidos. Ribadeo ten moitísima actividade e un grande número de citas festivas que precisan de persoas que se impliquen na súa organización. Desde o Concello estaremos ao seu carón, facilitando as cousas, apoiando e traballando arreo con todos eles, porque ao final Ribadeo construímolo entre todos”.
A presidenta da comisión do Entroido de Ribadeo, María José Arca, contou que “decidimos tomar las riendas de esta comisión porque sino no se celebra el Carnaval y eso tampoco nos gusta”.
E subliñou que “practicamente todos los que estamos ya estábamos muy involucrados en esta cita y somos muy carnavaleros. Estamos aquí, en primer lugar porque nos gusta y en segundo lugar porque le das un poco de vidilla al pueblo también y eso es bueno para todos”.

Achegamos audio da Concelleira de Comercio e Turismo

Achegamos audio da Presidenta da Comisión do Entroido 2025.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

error: Content is protected !!