
A Agrupación Cultural Francisco Lanza de Ribadeo celebrasé este sábado 22 de febreiro, o Dia de Rosalía de rendendo homenaxe á insigne escritora galega e ao seu legado literario e cultural.
Este evento, que xa se converteu nunha tradición na localidade, busca poñer en valor a figura de Rosalía e a súa contribución á lingua e a identidade galegas.
As actividades programadas inclúen lecturas de poemas, actuacións musicais e un xantar de confraternidade no restaurante Costa Verde este sábado 22 de febreiro a partir das 14:30 horas, cun prezo de 15€ para os socios da asociación e 20€ para os non socios.
Reservas ao teléfono ou whatsapp nº 699809606
Desde a Asociación Cultural Francisco Lanza destacan a importancia de manter viva a memoria de Rosalía de Castro, cuxa poesía segue inspirando a xeracións e cuxo compromiso coa lingua galega continúa sendo un referente na actualidade. Convidan a toda a comunidade a sumarse a esta celebración e a compartir unha xornada de cultura, identidade e homenaxe a unha das figuras más emblemáticas da literatura galega.