Ribadeo celebrará a Gala do Entroido o 22 de febreiro no Teatro.
A concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz, explica que “estamos a traballar no programa do Entroido 2025, que presentaremos nuns días. Pero xa podemos adiantar que a Gala será o 22 de

febreiro no Teatro. Lluvia de estrellas é a temática elixida para esta cita na que queremos animar a participar a todas as veciñas e veciños de Ribadeo que así o desexen”.

Saiz lembra que “na Gala do ano pasado prepararon actuacións diferentes asociacións, grupos moi vinculados ao Entroido e charangas de Ribadeo. Neste 2025 queremos animalos a todos a participar de novo e tamén ás veciñas e veciños de Ribadeo, que a título individual ou en grupo, se queiran sumar á grande Gala que terá lugar o vindeiro 22 de febreiro. O único que teñen que facer é poñerse en contacto con nós para anotarse”.

A edil ribadense agarda que “sexan moitos os ribadenses que compartan con nós a Gala Lluvia de estrellas. Chega o momento de darlle renda solta a eses artistas que todas e todos levamos dentro”.
O cartel do Entroido e o programa serán presentados nos vindeiros días. Concello e Acisa traballan na organización dunhas xornadas gastronómicas que xirarán arredor da cociña destas datas.

Achegamos audio da Concelleira de Turismo, Marta Saiz.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

error: Content is protected !!