O Salón dos Alcaldes do Concello de Ribadeo acollerá, o vindeiro 4 de decembro a charla sobre envellecer con Humor a cargo do Dr. José Antonio Florez Lozano (Catedrático da Facultade de Medicina e Ciendas da UNIOVI).

A cita está organizada pola Concellería de Benestar Social, Saúde e Familia. A súa responsable, Elena Sierra, explica que “o doutor Flórez Lozano falaranos do conveniente que é envellecer con humor. Ese é o mellor fármaco para a saúde e a lonxevidade. É unha conferencia coa que animará aos asistentes para vivir plenamente esta etapa da vida con desafíos, expectativas, ilusións, traballo, esforzo e superación”.

Achegamos audio de Elena Sierra, Concellera de Benestar Social, Saúde e Familia.

Mércores 4 de decembro ás 18:3o horas no Salón dos Alcaldes.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

error: Content is protected !!