Dous franceses e un galego nas Illas Pititusas

Este xoves 21 de novembro a Asociación Cultural Francisco Lanza convídannos á presentación do libro O Gran Triángulo de Francisco Díaz-Fierros Viqueira.

Suso Fernández Acevedo será o encargado de conducir o acto.

Podedes achegarvos a Biblioteca Municipal El Viejo Pancho e dialogar co autor sobre o seu novo libro.

  • Sinopsis: Entre 1806 e 1808, o matemático e astrónomo, Xose Rodríguez González (Bermes, Lalín, 1770 – Santiago de Compostela, 1824), xunto cos franceses Jean-Baptiste Biot e François Arago, percorreron as illas Pitiusas nunha expedición científica que serviría para definir o metro como sistema universal de medida. Os seus traballos e aventuras constitúen un relato histórico do máximo interese para poñer en valor a importancia deste matemático galego neste logro científico.
  • Editorial: Editorial Galaxia, S.A. – 9788491517832

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

error: Content is protected !!