
Ribadeo acollerá ou 11 de novembro un curso sobre nutrición e alimentación consciente. As persoas interesadas en participar #podar anotarse chamando ao Concello en horario de mañá.
A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, explicou que “todos sabemos que unha boa saúde conleva ter unha alimentación sa e equilibrada. Para iso, coa colaboración de Afammer, Cruz Vermella, Xunta e Concello, entre outros, o luns 11 de novembro levará a cabo no Centro Sociocomunitario de Ribadeo un curso sobre nutrición e alimentación consciente, en horario de 16 a 21 horas. Para apuntarse, só é necesario chamar ao Concello en horario de mañá”.
A edil ribadense anima a participar neste curso: “esperamos contar coa vosa presenza, xa que uns bos hábitos alimenticios son esenciais para manter intacta nosa saúde”.
Debe estar conectado para enviar un comentario.