Deportes

Norteo – Torneo Interautonómico

Ribadeo acollerá o NORTEO I Torneo de Baloncesto Interautonómico de veteranas, da man da FEGABA e a Federación de Baloncesto del Principado de Asturias e coa colaboración do Concello de Ribadeo e Club Baloncesto Ría de Ribadeo. Os vindeiros 26 e 27 de outubro, a vila Ribadense vivirá a estrea dunha cita na que as veteranas abrirán a temporada desfrutando do baloncesto, da confraternización e amosando os seus valores máis alá da pista!

Serán 12 os partidos, repartidos entre o Pavillón Polideportivo e o Pavillón de Deportes. Os encontros terán lugar o sábado 26 en horario de mañá (11:00 e 12:30 h) e tarde (18:00 e 19:30 h) e o domingo 27 en quenda de mañá (10:30 h e 12:00 h). O acceso a todos eles será libre.

Galicia estará representada por Proyecto Cris Seijo (Fundación Breogán), C.B. Rodaballo (Vigo), Basquet Aurum (Ferrol), A.D.C. Dos más UNO e un último equipo por confirmar. e dende Asturias visitarán Ribadeo: Avigoats, Gijón Basket e Pumarchi.

Todas as participantes sumarán esforzos en apoio á Asociación Española contra o Cancro. Portando todas elas camisetas rosas, remarcarán a importancia do traballo de investigación e prevención do cancro.

Esta primeira edición do “Norteo” contará tamén coa colaboración de Xestión GRATELU S.L., que achega o seu compromiso co NORTEO a través da acción de respaldo á Asociación Española Contra o Cancro.

error: Content is protected !!