Do 4 ao 6 de outubro terá lugar en Ribadeo a XIX Edición das Xornadas Mar por Medio, que organiza a Academia Xacobea coa colaboración do Concello de Ribadeo, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e as Universidades de Santiago e de Oviedo.

O título elixido para este 2024 é o de Os Camiños de Santiago: itinerarios de espiritualidade, tradición e cultura. Ademais de conferencias e mesas redondas o programa inclúe a Exposición As frechas amarelas na Oficina de Turismo, a actuación da Coral Polifónica de Ribadeo na igrexa parroquial  e o concerto de Manoele de Felisa, músico, compositor e cantante.

Entre os poñentes destaca a presenza en Ribadeo do Arcebispo de Santiago de Compostela, Francisco José Prieto Fernández. E ademáis, da participación das Universidades de Santiago e a de Oviedo,(que participa por primeira vez) e de xornalistas e estudosos dos Camiños de Santiago”.

Programa de actividades

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

error: Content is protected !!