Este domingo, no Mercado dos Domingos celebrárase a Festa do Pomento, como nas edicións anteriores haberá unha cata, degustación dunha coca de pementos, mostra de variedades deste produto, a exposición O pemento de Piñeira, así como un obradoiro para a elaboración de batidos de froitas e verduras, todo isto acompañado de boa música.

A concelleira de Promoción Económica, Marta Saiz, subliñou que “se trata dunha tradicional xa cita enmarcada no Mercado dos Domingos, que pon en valor e da protagonismo ao pemento”.

Destacar que esta festa non tería cabida sen o Mercado dos Domingos, unha cita semanal organizada polo Concello de Ribadeo en colaboración coa asociación A Sucadoira de produtores e produtoras locais da horta.

A programación da xornada é:

  • De 11:30 a 13:00 h. Obradoiro “Bébete a Horta” de elaboración de Batidos de froitas e verduras.
  • Ás 12:00 h. Desfile e Cata de Pementos.
  • A partir das 13:00 horas, Degustación de Coca de Pementos.
  • A mesma hora, música polo grupo Manopuesta.

Os locais da contorna da praza de Abastos, ofrecerannos unhas elaboracións nas que o protagonista é …. O PEMENTO.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

error: Content is protected !!