Cultura

Exposición Somos Soldados – UME

Organizada pola UME, a súa Delegación de Defensa en Lugo e o Concello de Ribadeo, esta exposición fotográfica reproduce algunhas das actuacións máis importantes da Unidade Militar.

Cada imaxe é un testimonio visual do esforzo incansable e do compromiso dos membros de UME por salvagardar a vida e o benestar dos cidadáns en situacións extremas.
A Conselleira de Seguridade , Montse Siejo, “anima a achegarse pola Oficina de Turismo para ver esta mostra”

Estará aberta ata o 3 de outubro, de martes a sábado, en horario de 10:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 19:00 h.

error: Content is protected !!