A XI edición do Festival Bal y Gay, referente en España por ofrecer a mellor música clásica do mundo en belos escenarios patrimoniais da comarca da Mariña (Lugo) desde 2014, presentou a súa undécima edición do 8 ao 23 de agosto con 12 destacados concertos. Propostas artísticas con recoñecidos artistas a nivel internacional (Elias String Quartet, Sergey Kachatryan, Katharina Konradi) e prestixiosos artistas españois con repercusión mundial (Orquestra Sinfónica de Galicia, Musica Ficta, Nereydas, Cuarteto Cosmos, Ruth Iniesta, Martín García García, Orquestra Sinfónica do Principado de Asturias). Nomes contrastados e mozos de gran talento nun cartel sorprendente.

As entradas están dispoñibles na web festivalbalygay.com

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

error: Content is protected !!