Que pode levar a unha persoa para deambular polas rúas cando cae a noite coa mirada fixa no que ocorre tras as xanelas?
Insomnio introdúcenos na mente de quen sente a necesidade de buscar na vida doutras persoas o que lle falta. Lourdes Casas, converte o obxectivo do seu cámara na mirada dese personaxe que, tras sufrir unha perda sente só e desesperado.
A autora, representa de forma desgarradora una das consecuencias da perda e a desesperación: a dificultade para conciliar e manter o soño, a incapacidade para atopar sentido ao ocorrido.
Desde o 14 ao 24 de agosto na Casa do Vello Pancho.
Lourdes Casas, participou en exposicións e obtido distintos premios; o último, outorgado en 2022 pola aula de Fotografía da Fundación Xeral da Universidade de Alcalá, con motivo do Día Internacional da Muller. Mantén unha activa participación na Real Sociedade Fotográfica de Madrid (RSF).
Contacto: lourdescasas.photo@gmail.com