A xente de ALOHA natura, propóñennos Noites de Skate do 16 de agosto e o 15 de setembro, nas cales se desenvolven Clases de Skate en horario nocturno e dirixidas ao público en xeral, novos e adultos, xa sexa porque queiran practicar Skateboarding por primeira vez ou mellorar as súas habilidades.

O lugar, o Skatepark Público de Ribadeo que reúne as calidades adecuadas para a práctica deportiva con Skate.

Serán os Venres e Sábados, ata o 15 de setembro, en dúas quendas en horario de 19:30 a 21:00 e de 21:00 a 22:30.

Cada fin de semana, previo ao comezo das clases, haberá un sorteo entre os participantes que non dispoñan de Skateboard ou que o seu Skateboard fose fabricado con baixa calidade técnica. Os afortunados, recibirán un Skateboard completo das marcas americanas Darkstar e Blind, fundadas polos Skaters Profesionais e lendarios Rodney Abrandan e Daewon Song.

Objetivo

O Objetivo da actividade é facilitar a práctica deportiva de Patinaxe con Skate aos mozos en Etapa Escolar co obxectivo principal de lograr nun prazo dun a dous anos o aumento de deportistas consolidados no Skateboarding, entre as localidades da Mariña de Galicia e do Occidente de Asturias.
Ademáis de recuperar e potenciar a tradición do Skateboarding que existía a finais dos anos 80 e comezos dos anos 90 na Mariña de Galicia e Occidente de Asturias. Animando, desta forma, aos Concellos da franxa litoral para a construción de Skateparks públicos adecuados, como ocorreu actualmente nas localidades de Viveiro, Xove, San Ciprián e Ribadeo.

Materiais

Os materiais necesarios para o desenvolvemento das Clases de Patinaxe con Skate son achegados pola empresa Aloha Natura. Os participantes poden traer o seu propio material técnico se o desexan.
Skateboards. Monopatines de diferentes medidas, proporcións e pesos, apropiados para cada participante en función da idade e complexión fisica.
Proteccións articulares. Muñequeras, Coderas, Xeonlleiras, en tallas variadas en función da fisionomía de cada participante.
Casco protector da cabeza. Os elementos de protección articular e cascos protectores están homologados coa súa correspondente Certificación da CEE.

Tarifas

Cada Clase ten un prezo de 10 € semanal. Duración de cada Clase de Skate 1 hora 30 minutos. Os participantes que utilicen o seu propio Skateboard de alta calidade técnica e as súas propias Proteccións de Skate, a tarifa aplicada é de 7 € por cada Clase de Skate.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

error: Content is protected !!